Thursday 25 de April de 2024

En marcha as obras para aperturar un novo vial que una a rúa das Escaleiras en Manzanares coa rúa Carqueixa


O Concello de Riveira informa de que comezaron as obras para aperturar un novo vial dirixido a conectar a rúa das Escaleiras (formada por 46 peldaños e que ata agora unicamente tiña saída cara a rúa Manzanares) coa rúa Carqueixa, o que facilitará unha segunda saída pola rúa Romero Ortiz.

Operarios da empresa Marqués de Marancán, SL, están a efectuar esta actuación, que comporta un investimento de 18.741 euros, IVE incluído, e ten un prazo dun mes e medio.

Compra de dúas parcelas
Para que esta intervención fora posible, cómpre lembrar que o Concello adquiriu nesta mesma lexislatura dúas parcelas de 209 e 115 metros cadrados respectivamente. Agora, o que se pretende é desbrozalas, demoler muros e alambradas e acondicionar a explanada resultante con zahorra artificial e unha capa de bituminosa en quente. De igual xeito, suplantará a condución de saneamento por outra liña no novo vial con 72 metros de tuberia SN4 e 4 pozos de rexistro.

A actuación era moi demandada polos veciños do entorno posto que deste xeito gañarán en accesibilidade e mobilidade e contarán cun acceso rodado para unha emerxencia. .